Esta fin de semana 2.281 persoas participarán na terceira convocatoria de probas Celga, o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. O nivel con máis matriculados e o Celga 4, con 922 persoas inscritas para facer o exame, mentre que no Celga 1 hai 190, no Celga 2 uns 447 e no terceiro nivel 722.
Ademais das probas que se celebrarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, tamén haberá probas en Alacante, Barcelona, Granada, Bilbao, Madrid, Murcia, Salamanca, Vitoria, na alemana Universidade de Heidelberg, na Universidade de Oxford (Reino Unido) e mais no Instituto Cervantes de París.
Cunha parte escrita e outra oral, o Celga recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa coñecementos sobre lingua e comunicación, lingua e sistema e lingua, cultura e sociedade.