Destacados Vigo al minuto

Na Festa do Cabazo non quedou nin a proba

Centos de persoas achegáronse ao colexio Carballal de Cabral.
Centos de persoas achegáronse ao colexio Carballal de Cabral.

Aos seus 23 anos, a Festa do Cabazo ten máis pretendentes ca nunca. Hoxe, centos de persoas achegáronse ás instalacións do colexio público Carballal de Cabral para degustar a inxente cantidade de recetas que se poden facer con este produto, dende sopa ou migas ata chulas ou cabelo de anxo. Nin sequera a choiva foi capaz de escampar ás moreas de persoas que quixeron disfrutar dunha xornada gastronómica, de música e artesanía organizada pola asociación cultural O Coto.

Tras máis dun mes preparando os produtos a presentar hoxe, 150 voluntarios e xornadas máis maratonianas para ter todo listo para as 11:30 horas de esta mañá, momento no que comezou unha música que xa non parou ata ben entrado o serán. O pregón, a cargo da escritora Amparo Solla, profesora da Universidade de Vigo e delegada na Escola de Maxisterio.

En total, 8.000 quilos de cabazo doados polos veciños para intentar recuperar un cultivo que foi moi importante na zona e difundir as tradicións culinarias que tiñan o cabazo como base, participar no proceso completo, implicar ao maior número posible de persoas e manter sempre algunha degustación gratuita, xa que a festa naceu como un proxecto cultural, non mercantil, e o que agora se vende é só para poder manter unha festa que medrou moito e que deixa 7.500 euros de saldo negativo nas arcas da asociación.

También te puede interesar