Dolores Pérez Gallego, Lucía Vázquez Blanco y Mila Álvarez Riveiro son os nomes das tres primeiras gañadoras dos premios outorgados na campaña ‘Este inverno presume de praceiro’, na que durante este mes e ata o vindeiro 4 de decembro todos os usuarios da praza de abastos da vila terán a laboura de elexir ao mellor praceiro ao tempo que serán recompensados con seis cheques de compra valorados en 300 euros.
Polo momento xa se repartiron entre os clientes máis de 9.000 cupones aos que se sumará unha nova fornada. O obxectivo é a promoción dos mercados municipais de Galicia como lugar onde se fomenta o consumo de productos galegos e de máxima calidade e variedade, mesturando tradición e modernidade.