A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 ven de convocar para este sábado, día 27 unha concentración no Monte de O Castro (17:00 h.) para reclamar, unha vez máis, a retirada da cruz franquista e “dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica aprobada polo PSOE”.
Os miembros desta asociación indican que non entenden o porqué da negativa do alcalde a ter unha entrevista con eles, pese a seres ’Vigueses Distinguidos’, e lembran que este monumento, erixido en 1961 e inaugurada por Franco, é unha “homenaxe ao horror nazi-fascista”.