Cultura Vigo al minuto

Castrelos trasládase ao centro

Unha selección de 83 obras da colección municipal da plástica galega dos séculos XIX e XX achéganse estos días á Casa das Artes na exposición ‘Quiñones de León: unha nova pinacoteca para Galicia’, que estará aberta ao público do 26 de novembro ao 13 de febreiro e que supón un avance da mostra permanente que albergará a nova pinacoteca de Vigo.

Entre as obras expostas neste avance figuran nomes de autores como Laxeiro, Colmeiro, Castelao, Lugrís, Serafín Avendaño, Maside e Sotomayor e tamén se poderá contemplar a última obra adquirida polo Museo de Castrelos, no ano 2009, un bodegón de Luis Seoane do ano 1956. É unha iniciativa histórica para o museo dende a súa inauguración en 1937, xa que é a primeira vez que se desplaza tal volume de obras.

También te puede interesar