O equipo absoluto da selección galega de combate realizou un magnífico papel no Open Internacional de París, no que participaron os mellores deportistas a nivel europeo. Un paso por competición internacional sen medallas pero con gran satisfacción polo rendemento da selección.
Con case 800 participantes, estiveron presentes as mellores seleccións de Europa, que están a preparar o preolímpico do vindeiro ano, de forma que en todas as categorías había que realizar como mínimo catro combates para poder acceder á loita polas medallas, o cal dificultou aínda máis a consecución dalgunha presea. Todos os equipos desprazaron aos seus mellores deportistas e case sempre con dous ou máis representantes por peso.
Fernando Rascado conseguíu liquidar a Francia e Kazajistán, pero caeu en cuartos ante Grecia por 7-5. Lúa Piñeiro tamén caeu en cuartos ante Croacia tras derrotar ás representantes de Eslovenia e Alemania, mentres que Pablo Carou quedou desclasificado ao segundo combate contra Dinamarca despois de que o rival de Gran Bretaña non se presentara.
Os que menos sorte tiveron foron Fani Hernández, que non participou por decisión dos técnicos, e José Antonio Andrade, que caeu na primeira ronda ante Francia despois dun combate caótico, xa que os protectores electrónicos estaban postos do revés e as puntuacións non se correspondían cos golpes.