Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
Empezan os traballos de recuperación dos espazos deportivos da ETEA que concluirán en abril
Os traballos da recuperación dos espazos deportivos da ETEA xa están en marcha e o alcalde asegurou que o pavillón e a piscina estarán a disposición dos veciños o vindeiro mes de abril.En concreto investiranse 850.000 € para realizar unha reforma integral dos accesos, os vestiarios, a piscina e o propio pavillón deportivo. Esta obra era “unha das máis demandadas desta cidade” e incluirá a primeira piscina habilitada en Vigo para natación sincronizada. O campo de fútbol será acondicionado para o seu uso con herba natural e non artificial á espera de que a Xunta de Galicia decida os usos deste e dos espazos que lle corresponden na ETEA.