Dous días co ego polas nubes. O auditorio municipal acolle esta noite e mañá (20:30 horas) a obra ‘Ego’, da compañía Pinga Teatro. Pensada para público adulto, a peza está dirixida por Miguel Condal e interpretada por el mesmo e María Carrera.
Durante 70 minutos, o público verá a un pintor pechado no seu estudio que fai repaso da súa vida aliándose cunha cámara de vídeo, para dar fe a si mesmo e gravar unha e outra vez a verdade de todos os aspectos da súa vida, sacando o seu eu máis egoista, perverso, infantil e manipulador ou contraditorio.
O prezo das entradas, 7 euros. Podes conseguilas a través da web ou na taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo.