Vigo al minuto

O alcalde quere que a estrada á Ramallosa pase a ser unha rúa de Vigo

Alcalde/Tresyuno ComunicaciónAbel Caballero salientou hoxe en declaracións aos xornalistas,  que reclamará para o Concello todas as competencias que teñan que ver coa atención aos cidadáns e sinalou que e este tramo da PO-325 «xa é unha rúa viguesa» pois conta na actualidade con servizos que presta o municipio como a limpeza ou o transporte público”.

Porén, Caballero pediu á Xunta a transferencia, «eso sí, en condicións axeitadas» e «cos recursos necesarios para que continuemos co seu mantemento» e lembrou que «estamos na tramitación» co Ministerio de Fomento para a cesión da titularidade ao Concello do tramo vigués da Avenida de Madrid desde Puxeiros ata a Praza de España. O alcalde explicou que o seu obxectivo é poder atender todas as rúas de Vigo por igual.

O rexedor amosou a súa «estrañeza» pola nova feita pública pola Xunta anunciando o traspaso deste vial á Deputación de Pontevedra e indicou que o goberno local non ten coñecemento algún deste feito o cal calificou de moi grave.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.