
A CIG pechouse hoxe nas delegacións de Facenda en Vigo, Lugo, A Coruña e Compostela para protestar contra as contas que se van aprobar mañá na Xunta e que contemplan un “recorte do investimento de carácter produtivo, do gasto social e na rebaixa dos salarios dos empregados públicos”. Peches simbólicos para protestar polos que consideran os orzamentos máis antisociais dos últimos anos.
En Vigo o peche, no que participaron varias ducias de delegados/as, desenvolveuse na delegación de Facenda entre as 11:30 e as 12:30 horas, e durante o mesmo repartíronse entre os usuarios follas informativas nas que se explicaban os motivos desta mobilización. Como no resto de delegacións non houbo que lamentar ningún tipo de incidentes.