Galicia

O Campus do Mar aposta polas tecnoloxías

M. del Río/Duvi/Máis interactiva e dinámica. Así é a nova páxina web do Campus do Mar que se estrea este luns ofrecendo unha nova faciana do Campus de Excelencia na internet. A través da mesma dirección, os usuarios poden atopar unha canle de comunicación efectiva que axuda a estreitar o contacto cos usuarios. A web, trilingüe en galego, español e inglés, dá a coñecer a fondo o proxecto en todos os seus apartados e permite saber un pouco máis das institucións e empresas que están detrás do Campus do Mar e ir comprobando a súa evolución a través do tempo. Información completa do proxecto, dende comezo a fin.

Noticias, reportaxes, vídeos e dossieres de prensa conforma o groso da web, de xeito que se constrúe un lugar de consulta e información dinámico e interactivo que ofrece tamén unha conexión directa co perfil do campus nas diversas redes sociais como Facebook ou Twiter. Na sección de descargas, os internautas poden acceder ás memorias completas do proxecto que se presentou ao xurado internacional que lle concedeu o recoñecemento de Campus de Excelencia, así como a imaxe corporativa e unha galería fotográfica. Deste xeito, a páxina está estruturada de forma que se poden consultar resumos sobre cada proxecto do Campus do Mar e, de necesitalo, tamén se pode descargar en pdf coa documentación completa.

Un escaparate

Trilingüe en galego, español e inglés, a nova web é un portal ao exterior pero tamén unha plataforma a partir da cal van a estar avaliando dende o Ministerio, comprobando que o proxecto non estea parado, que se estean facendo cousas. Ademais, a páxina conta cun acceso directo á televisión do Campus do Mar, que nas próximas semanas comezará a ter un intenso movemento que marcará o obxectivo de cara ao 2011. Esta canle comezará a recoller entre outros, a lectura das teses de doutoramento que garden relación cos eidos de traballo do Campus do Mar e un ciclo de conferencias internacional que comezará no novo ano. Esta actividade reunirá a través de videoconferencia a algunhas das máis relevantes personalidades do mundo que achegarán os seus coñecementos sobre diversos temas a través de internet permitindo a participación a través dun chat de calquera dende calquera parte do mundo. O ciclo, cunha periodicidade mensual, alongarase durante todo o vindeiro ano.

También te puede interesar