Comarcas

Un proxecto dun millón de euros e 45 empregos perdidos, segundo o BNG pontareano

Non cumprimentar a documentación requerida pola Xunta para un obradoiro de emprego cun importe de case un millón de euros é o que lle fixo perder a Ponteareas a posibilidade de ocupar a 45 veciños desempregados. Segundo o grupo municipal do BNG, “o alcalde e o goberno local foron incapaces de cumprimentar a documentación solicitada” para o proxecto, que ocuparía a parados, persoal directivo, técnicos e especialistas durante un ano.

Financiado pola Consellería de Traballo a cargo do Fondo Social europeo, o obradoiro contaría con tres especialidades con 15 persoas en cada unha delas: operacións de formigón-albanelería, xardinería-traballo forestal e atención sociosanitaria a domicilio e institucións.

También te puede interesar