Galicia

Dous mortos e 57 feridos nas estradas galegas, balance do comezo do Nadal

O Nadal non comezou con bo pé na comunidade galega, que rexistrou un dos accidentes de tráfico máis graves do Estado no arranque das festas. Esta fin de semana dous mozos perdían a vida e outras 57 persoas resultaban feridas en 46 sinistros, a maioría deles rexistrados o propio domingo (22). Dos feridos, máis do 73% tiveron que ser trasladados a centros hospitalarios, mentres que dez persoas non precisaron atención.

Por provincias, A Coruña foi a que máis accidentes acadou, con 28 sinistros, seguido xa moi de lonxe por Pontevedra (10), Ourense (5) e Lugo (3). En canto ao sexo dos atendidos, o 51 por cento foron homes e o 35% tiña entre 20 e 29 anos.

También te puede interesar