O alcalde ofreceu este martes que o Concello se encargue do mantemento dos xardíns do Areal que proxecta arranxar o Porto de Vigo, para o que sería preciso a sinatura dun convenio entre as administracións. Caballero remitíu o 15 de decembro unha carta á presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, amosando a “satisfacción” municipal pola iniciativa portuaria para a zona, onde o goberno local ten un parque biosaudable e unha zona de ocio infantil.
O alcalde explicou que lle solicitou no escrito, aínda pendente de contestación, coñecer os detalles do proxecto e como se proxecta o mantemento posterior dos xardíns, que ata o momento vén acometendo o Concello vigués. Caballero aclarou que se precisa saber o planteamento portuario para definir se é preciso ou non retirar da zona os parques infantil e biosaudable que o Concello ten dispostos en Areal.