É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAs árbores de Nadal tamén merecen unha segunda oportunidade
Coas festas de Nadal a piques de rematar, as primeiras vítimas do ano novo son as árbores, que despois de estar tres semanas adornando as nosas casas son abandonadas no primeiro colector a súa sorte. Porque son “seres vivos que podemos transplantar dándolle unha segunda oportunidade”, Amigos da Terra recollerá e replantará nun parque forestal da comunidade galega as árbores de Nadal daqueles vigueses interesados en que non morran.
Só tes que entregar a túa árbore no local que Amigos da Terra-Agareso teñen en Vigo (rúa Policarpo Sanz, 17) a próxima semana entre as 09 e as 13:30 horas. A maioría destas árbores, polas condicións nas que estiveron no Nadal (calefacción, falta de rego, pouca luz solar…), teñen poucas posibilidades de sobrevivir, pero intentarán recuperalas, sobre todo cando no 2011 celébrase o Ano Internacional dos Bosques.