Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
Os primeros agasallos de Reis, para os nenos hospitalizados
Os Reis Magos xa comezaron a súa xornada. Aínda que será esta noite cando deixen os agasallos nas casas dos vigueses, esta mañá xa estiveron compartindo o día e algún que outro detalliño cos máis pequechos que teñen que pasar estas datas nalgún dos hospitais de Vigo. A primeira visita foi a Povisa, onde os nenos puideron recoller os primeiros xoguetes cos que chegaron cargados a Vigo. De seguido, ao Hospital Xeral, ao Nicolás Peña, ao Centro de emerxencia para mulleres vítimas da violencia de xénero e o asilo das Hermaniñas dos Anciáns Desamparados en Alcabre.
Entrementres, os Reis Magos fixeron unha parada no camiño para compartir unha chocolatada cos máis pequenos da casa e coa que recuperar forzas para a Cabalgata. Unha pequena festa no Auditorio Municipal, onde ademáis das cartas de última hora compartiron un anaco do tradicional roscón de Reis.