Galicia

Un estudo para a atención a maiores personalizada

Un grupo de investigadores da Universidade de Santiago levará a cabo un estudo para mellorar a calidade dietética, asistencial e da atención farmacéutica personalizada que se presta en centros xerontolóxicos, propios e concertados, de Galicia. O informe, promovido pola Xunta e que conta coa colaboración de Caser Residencial, busca corrixir a falta de nutrientes que se detecte na alimentación diaria das persoas maiores a través dun plan de traballoao que se chegará logo de analizar o estado nutricional dos usuarios dos centros.

Así mesmo, realizarase algunha intervención nutricional para paliar os defectos achados nesa primeira fase de avaliación; promover a autonomía persoal; potenciar a mellora da masa muscular; corrixir as medicacións nas persoas usuarias e actuar sobre os parámetros bioquímicos tendo en conta as alteracións da alimentación por modificacións fisiolóxicas.

Por outra parte, os investigadores introducirán protocolos para mellorar a atención farmacéutica personalizada, analizar o consumo de medicacións, as posibles interaccións e corrixir as que dean lugar a problemas responsables dunha redución na calidade de vida dos doentes.

También te puede interesar