Comarcas Galicia

O PP de Redondela asegura que houbo irregularidades na contratación dos membros do Grumir

Concello_de_RedondelaO Partido Popular de Redondela solicitou no último pleno municipal a comparecencia, entre outras, do concelleiro delegado de Protección Civil para preguntarlle polo conflito laboral que mantén cun grupo de traballadores do servizo do Grumir.

 

Neste sentido, o PP corroborou as súas investigacións ao ser o propio edil “o señor 

Eduardo Reguera, quen admitiu efectuar contratos laborais cos voluntarios do Grumir para cubrir o servizo durante este ano 2010 sen ter en conta as bases establecidas para este tipo de contratos fixados e subvencionados pola Xunta engadindo, ante o estupor de propios e estraños, que o feito de non cumprir coas bases é unha conduta xeneralizada”.

También te puede interesar