Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más16 anos de retardo para arranxar Cidadelle
Chapela, unha das parroquias máis ateigadas de Redondela, con preto de 8.000 habitantes. E esquecida polo Goberno municipal segundo denuncia o Partido Popular de Redondela, xa que aseguran que hai 16 anos que se aprobou un proxecto de acondicionamento da entrada ao barrio de Cidadelle que aínda non se aplicou. Unha zona na que aínda non comezaron unhas obras pensadas para erradicar un problema de tráfico e seguridade no cruce que da entrada “adquirido polos gobernantes municipais no ano 1994 e do cal a día de hoxe os veciños aínda non observamos sinal algunha”.
Un acordo municipal levaría a pleno en xuño de 1994 un punto para o proxecto de urbanización do Camiño da Costoya, hoxe inexistente, procedéndose á expropiación de terreos a tal efecto de maneira urxente e forzosa. Algo que non se cumplíu. “O problema de tráfico e seguridade viaria segue a existir, incrementándose cada día que pasa, tendo en conta a cantidade de vehículos que circulamos a diario por esta intersección, que nos comunica aos veciños de Cidadelle coa parte alta de Chapela, o centro de saúde, os colexios e demais servizos aos que necesitamos acceder diariamente”, aseguran.
A falta de beirarrúas axeitadas fai máis perigosa a zona se cabe para os peatón nunha zona que tras os últimos cambios de circulación no cruce de Parada, moitos conductores veñen polo Camiño de Leitón e o Camiño da Buraca ata este cruce, que conflúe coa N-552, para poder xirar en dirección a Vigo.