É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másBeiras ameaza con facer as maletas
Fíxoo na clausura da III Asamblea de Encontro Irmandiño, unha corrente do BNG do que Xosé Manuel Beiras é o líder e no que a corrente crítica comezou os debates para constituirse como partido político dentro do Bloque Nacionalista Galego, un proceso que rematará nunha nova reunión o vindeiro 19 de febreiro. Beiras aproveitou a tribuna para deixarlle claro ao actual líder do BNG, Guillerme Vázquez, que se non se dota á federación dun modelo interno de democracia horizontal e se deixa de estar “ao servicio do aparato” o Encontro desvincularase de xeito definitivo.
O antigo portavoz do BNG quixo deixar claro que o partido precisa unha fonda reforma trala saída de Quintana, que conlevaría medidas como abrirse a todos os que están dentro do frente, cun nacionalismo emancipador que incorpore as visións dos traballadores e moverse ao ritmo da sociedade para que a corrente crítica siga formando parte do Bloque Nacionalista Galego.