_agenda Agenda

A vangardia galega, na Fábrica

Naceron a finais dos 90 e en pouco tempo convertíronse nunha das bandas máis prometedoras e vangardistas da música tradicional galega. Algo que se reflicte na morea de galardóns acadados ata 2006. Esta noite Irtio chega ao esceario da Fábrica de Chocolate (22 horas) con moitas gañas de leria.

Son innovador, con densas harmonías e ricos timbres, fresco, con sabor atlántico que levaron por toda a xeografía galega. Esta noite goza dunha viaxe de cores vivas, de optimismo, de postmodernidade pero sen perder de vista a tradición oral galega. Unha viaxe cunha tripulación sólida e experimentada, arroupada pola que sen dúbida será unha das voces masculinas máis importantes de Galicia, Rodrigo Cuevas.

También te puede interesar