O maior parque infantil da Vigo. Iso é o que estase a construir na Alameda de embrive, segundo anunciou o alcalde. Abel Caballero indicou nunha visita ás obras, que o Concello investirá 400.000 € nunha reforma “que vai cambiar a estrutura, o uso e todo o que ten que ver coa Alameda de Bembrive“.
O plantexamento municipal contempla catro partes diferenciadas: o acondicionamento en granito da superficie, unha zona verde, outra para uso deportivo e unha cuarta para uso infantil. O parque infantil dobrará a extensión do de Venezuela, actualmente o de maior tamaño na urbe.
Caballero subliñou que a praza está sendo preparada para que albergue os escenarios móbiles que habitualmente empréganse nas festas populares e salientou que esta iniciativa suporá “a humanización ata a igrexa” e conformará “un lugar de afluencia” para o ocio dos veciños e veciñas da parroquia.