Ser actor en Vigo ten unha nova vertente: servir de guía turístico. Para buscar aos actores que darán vida a personaxes nun esceario moi particular, o Casco Vello, a asociación veciñal celebra un curso presencial de formación actoral de teatro de rúa dende hoxe ata o 26 de xaneiro, un curso de balde de 25 horas de duración que abrirá as portas a polo menos 10 actuacións.
Cun máximo de 15 prazas, o curso pretende dar unha formación básica de técnica teatral e improvisación dun personaxe do Vigo Vello que despois guiará aos potenciais turistas pola historia da cidade. Traballarase formación, deseño dramatúrxico e dirección de escena para construir sobre improvisacións propostas polos candidatos estes peculiares personaxes: redeiras, cesteiros, latoeiros, conserveiras, salgadoras… que introducirán aos espectadores nun espazo temporal que levará ao recordo.
Tras recibir unhas nocións básicas de interpretación, técnica vogal, mecanismos teatrais e outros detalles, os alumnos que superen o curso realizarán 10 actuacións que se comprometerán con antelación, polo que os organizadores esixirán un nivel mínimo de compromiso a todos os participantes.