“A improvisación, o despilfarro e o continuismo do señor Eduardo Reguera”, así foi como definiu Javier Bas, candidato á Alcaldía de Redondela, o xeito de gobernar do PSOE e do BNG no Concello . Bas expuxo o rexeitamento total do PP ao cambio de inversións previsto para este ano 2011, e asegurou que a pretensión do bigoberno é o cambio de financiamento de determinados créditos, por importe de 1.554.000 €, para afrontar a realización dun conxunto de actuacións de natureza diversa e sen determinar.
“Estamos diante dunha mensaxe subliminar á cidadanía de cara aos comicios municipais de maio, unha campaña que pagarán cos cartos de todos os redondeláns, pois estas obras, que eles mesmos definen unicamente como obras municipais, sen máis, pódense considerar obras electorais”, asegura Bas.