Unha remodelación integral das instalación cunha nova lonxa, departamentos para usuarios, un dique aboiante e un edificio de servizos náuticos recreativos, todo cun gasto de 6 millóns de euros. Ese será o proxecto que hoxe presentou a Xunta para a reforma do Porto de Cesantes que xa anunciara o PP de Redondela nunha sesión plenaria do Concello fai un mes e polo que “os membros do bigoberno local nos chamaron faroleiros”.
O proxecto lonxe de estar pechado, pretende recoller as proposicións e ideas dos propios usuarios. En total serán 10 actuacións nestas instalacións portuarias co obxectivo de pór en valor un porto que sofre “claras deficiencias” e que está desaproveitado, unha reforma que levan demandando os veciños da zona desde hai anos.