Doctor Cadaval, Perú e Lugo teñen nova cara. As rúas, por suposto. O alcalde inaugurou hoxe a humanización das mesmas nas que investíronse un millón de euros, destinados á renovación integral da superficie e das canalizacións soterradas de servizos como o abastecemento, o saneamiento, a separativa das augas pluviais e o cambio de 800 metros de tuberías
En superficie, esta actuación municipal continúa coa liña marcada polo Concello de gañar espazo para os viandantes e primar ao peón sobre o tráfico rodado. A humanización habilitou beirarrúas de granito e renovou os puntos de luz e as papeleiras, ademais de instalar bancos e xardineras e un novo xardín.
En declaración aos medios, e logo de repetir que o de Vigo é o Concello menos endebedado do Estado, Caballero sinalou que tamén é o que menos gasta en pagar ao personal, ” mentras a media do que gastan os concellos españoles en pagar aos seus funcionarios son 430 € por habitante, Vigo está en 224 € debido a xestión racional do Goberno da cidade”