Un trato especial para Galicia agora que se acaban as axudas europeas, en teoría por ser rexións pobres. A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, defendeu en Bruxelas que rexións como a galega, que abandonarán por primeira vez o obxectivo de converxencia en 2014, deben recibir axudas transitorias para poder consolidar a saída e incorporarse paulatinamente ao novo escenario europeo e evitar o shock económico da diminución repentina de fondos.
Como probas, a conselleira levou as estatísticas: con esta política rexional en 25 anos a renda per cápita duplicouse.