Abel Caballero amosou a súa satisfacción por elo e explicou que tres dos dictames xudiciais foron emitidos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o cuarto por un Xulgado de Instrucción de Vigo dan a razón ao seu goberno. Nesta última, o demandante reclamaba unha indemnización ao Concello de 6,3 millóns de euros porque o goberno local rebaixou a edificabilidade da súa parcela sobre o avance previsto en anos anteriores, denuncia que foi rexeitada.
A cuarta sentencia, terceira do TSXG, abrangue ao ámbito de Bouzas-Casiano, plantexando tres liñas de recurso, todas desestimadas. Por un lado pedíase cambiar un sistema de expropiación por compensación para a obtención dun terreo privado, por outro solicitaba devolver ao dobre a edificabilidade nunha parcela -o goberno actual rebaixouna á metade-, e a terceira vía abordaba a vivenda protexida.
Neste último punto, o alcalde indicou que o Concello que preside decidiu incrementar a vivenda protexida na zona recurrida do 20% que contemplaba o avance do PXOM co goberno anterior ao 100% actual. O recurso tamén foi desestimado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, declarando a actuación municipal -afirmou o rexedor- como “legal e válida“.
“A primeira sentencia do Tribunal sobre a vivenda protexida dalle a razón a este goberno e consolida que se pode transformar dun 20% ao 100% estando na máis absoluta das legalidades”, aseverou Caballero. Esta decisión xudicial expón que “estabamos detro da legalidade e da política social“, explicou, ao incrementar a vivenda de protección do 22% anterior ao 43% actual no conxunto do Plan Xeral.