O PartidoPopular de Redondela ven de denunciar a actitude do Bigoberno local ante a súa negativa de apoio á paralización do proxecto de ampliación da AP-9 no tramo Rande-Chapela. Nunha nota, o candidato á Alcaldía dos populares asegura que “non podemos entender a postura actual dos dirixentes do Concello que fai uns meses era totalmente contraria, pronunciándose en contra de dito proxecto”. Bas lembra que no último pleno, celebrado o pasado día 26 de xaneiro, o seu partido presentou unha moción para solicitar ao Ministerio de Fomento a paralización desta ampliación, a lo menos mentres non se resolvera o recurso interposto pola Plataforma de afectados ante a Audiencia Nacional, e a resposta obtida foi o voto en contra de socialistas e nacionalistas. “Dende o PP pensamos que tendo en conta o procedemento aberto ao respecto e dentro dunha postura coherente e lóxica de cara a defender os intereses de Redondela pero, sobre todo, o dos afectados, que son todos os veciños de Chapela”.
Coa actitude adoptada no pleno, “o Bipartito está a amosar a súa negativa de apoio a estes miles de veciños afectados, un apoio que ata non fai moito tempo si contemplaban, o que supón un cambio substancial nas posturas mantidas ata o de agora por estes partidos en contra da ampliación”, asegura o candidato quen engade que “todos os membros da
Corporación municipal debería apoiar a paralización deste proxecto”, subliña Javier Bas.quen adianta que continuará na mesma posición en defensa dos veciños e por conquerir que este proxecto non se execute.