Galicia

Dende este luns haberá nos supermercados leite etiquetado co selo ‘Galega 100%’

vacaXa non terás excusa para mercar leite de fora. Dende este luns os cartons de leite estarán etiquetados coa marca ‘Galega 100%‘ para que os consumidores poidan levarse este producto galego. Os de Feiraco serán os primeiros en levar esta marca e os seguirán os de Leyma e Larsa, que xa solicitaron a mesma diante do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL).

Coa salida ao mercado deste selo dase un “paso definitivo” cara ao artellamento do sector coa plena implicación da meirande parte das industrias que operan en Galicia e dos canles de distribución galegos. Segundo a Consellería de Medio Rural, nos vindeiros días, entre un 70 e un 80% dos supermercados disporán de leite etiquetado con esta marca.

 

También te puede interesar