Comarcas

O BNG denuncia que o alcalde de Mondariz certificou a construción dunhas pistas deportivas inexistentes

A praia do Val, en Mondariz.
A praia do Val, en Mondariz.

Unha subvención de 50.000 euros pedida á Xunta para construír pistas deportivas ao aire libre na praia fluvial do Val, en Mondariz, onde xa existen dende hai anos unha pista de tenis e outra mixta de baloncesto e fútbol sala. Para solicitala, segundo o BNG de Mondariz, “declarábase que as obras se executarían sobre unha parcela baleira e infrautilizada” pero sen a sinatura do técnico municipal e sen solicitar os tres orzamentos para a súa adxudicación.

O BNG denuncia que “coa complicidade da empresa adxudicataria da falsa obra e do arquitecto técnico municipal fai o paripé de recepcionar a obra e certifica en falso a explanación, firme e asfaltado das pistas con aglomerado en quente de preto de 30.000 euros e o peche de malla e pintado de pistas, porterías e redes por preto de 10.000 euros”.

También te puede interesar