É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más8 millóns de euros para 35 asociacións de prevención e tratamento de adiccións e saúde mental
Oito millóns de euros en convenios de colaboración con 35 asociacións privadas e outros organismos sen ánimo de lucro que desenvolven programas de prevención e asistencia dos trastornos aditivos e atención en saúde mental, sete delas en Vigo. Para prevención daranse 722.000 euros en convenios con 15 entidades para os ámbitos escolar, familiar, xuvenil e laboral, así como para actividades de formación, información e sensibilización. En total, 220 actividades levadas a cabo por 37 profesionais con formación específica en drogodependencias, e que, no pasado ano, chegaron a unha poboación beneficiaria de máis de 70.000 persoas.
Outros 15 organismos levarán 6,8 millóns de euros para convenios en adiccións, sobre todo para prestar asesoramento legal e social, así como axuda ás familias afectadas pola problemática xurídica social asociada. Para saúde mental, no 2011 asinaranse cinco convenios de colaboración cunha achega de máis de 437.000 euros con entidades centradas no Alzheimer, nos trastornos da personalidade, en enfermos mentais, pais de nenos con problemas psicosociais e con voluntarios en saúde mental.