Deportes Galicia

A Federación Galega de Piragüismo ten 216.000 euros menos no burato das súas arcas

Un resultado positivo de 106.310 euros, 90.000 máis se non se teñen en conta dotacións, amortizacións, gastos doutros anos e exceso de provisións. Así están as contas da Federación Galega de Piragüismo, que durante 2010 conseguíu rebaixar a súa débeda en 216.436 euros, a pesares do que a situación financieira segue a ser delicada debido a que segue habendo unha débeda de 382.814 euros.

Uns datos que foron presentados durante a Asamblea Xeral da Federación, en Verducido, onde tamén se explicou aos presentes que no ano 2010 se tramitaron 2.085 licenzas federativas a deportistas de 62 clubes, máis da metade deles da provincia de Pontevedra. Ademais, a tempada pasada celebráronse en Galicia 10 regatas de pista, cinco delas de ámbito nacional.

También te puede interesar