O BNG presentará unha proposición non de lei para desbloquear no Parlamento galego o parque empresarial ‘Val do Tea’, en Ponteareas e retomar todas as actuacións necesarias para que o solo empresarial se poña en marcha no primeiro semestre deste ano 2011, “ao obxecto de facilitar a instalación de proxectos empresariais e a creación de emprego”. Para o grupo nacionalista é unha prioridade, xa que poderían crearse 200 postos de traballo e ter un investimento de 30 millóns de euros. “Por non contar con solo empresarial, Ponteareas pode perder a planta de biomasa, unha oportunidade de crear emprego e riqueza aproveitando os recursos propios”, manifestaron en rolda de prensa.