É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO peche dos tuneis de O Folgoso por mor da primeira parte do proxecto que cortou o tráfico e desviou a circulación pola N-120 nun tramo de 22 quilómetros está a xerar un aumento considerable do tráfico, sobre todo de transporte, que está a traer aos veciños de A Cañiza e a Lamosa, en Covelo, numerosos problemas de seguridade vial. A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila levou ante o Ministerio de Fomento a petición de que se fixera caso ás propostas dos veciños, que apuntan a pór unha rotonda provisional, semáforos, bandas reductoras ou radares móbiles.
Mentres, o Ministerio tan só pechou a calzada esquerda da A-52, en sentido Vigo-Ourense, que durará até finais de xuño. O tráfico voltará a desviarse pola N-120 e pola N-559. Será para outubro cando Fomento realice a mesma actuación pero no túnel da outra calzada en sentido Ourense-Vigo.
Pola súa banda, o grupo municipal do BNG levou unha petición a pleno de concello para realizar varias actuacións na estrada N-120 recollidas entre os cidadáns, especialmente na parroquia de A Lamosa, para evitar serios riscos de accidente dado o aumento do tráfico.