Comarcas

O PP de Redondela propón cubrir o CEIP Santa Mariña botando man do orzamento de obras sen rematar

A asociación de pais e nais do Colexio Santa Mariña de Redondela levan anos demandando que se constrúa un patio cuberto para os 450 escolares matriculados alí, unha demanda para a que o PP municipal propón agora unha solución: botar man dos fondos municipais, utilizando parte dos 1,4 millóns de euros de orzamento destinado a obras sen determinar, como recolleu o último pleno. Esta será unha das tres mocións que presentará o mércores no pleno, xunto coa ampliación da AP-9 e o asfaltado do aparcamento do centro da Sociedade Agraria de Reboreda.

Por outra banda, o partido liderado por Javier Bas pedirá a comparecencia do concelleiro de Patrimonio, Eduardo Reguera, para que faga balance das actuacións do seu departamento con cargo ao denominado 1% cultural, un orzamento de 600.000 euros con cargo ás obras do AVE. Ademais, pediráselle que explique a situación actual das obras do novo auditorio de Redondela e o contido das xuntanzas con entidades de Chapela.

También te puede interesar