Estaba pensado para optimizar a rodaxe de cara ao próximo nacional que se celebrará en Córdoba o vindeiro mes de abril. Pero o resultado foi mellor do previsto. Miguel Cobas (Natural Biomeganutrición Riveira) acadou unha medalla de bronce no Open de Holanda, que reuniu aos mellores taekwondistas de todo o mundo coa presenza das seleccións turcas e iranís, que aumentaron o nivel de competición deste prestixio torneo, da clase A, no que a Selección Galega Júnior de Combate competiu a un alto nivel.
Aínda que o único metal que se materializou en Eindhoven foi o de Miguel Cobas, o papel de case a totalidade do equipo galego foi bastante destacado alcanzando a maioría os cuartos de final (3 roldas), a excepción de María Domínguez, Adrián Jiménez, Leyre Arbizu e Efrén Alonso. Un tanto polémicos foron as arbitraxes recibidas por Óscar Peón, Adrián Jiménez e Miguel Cobas, pero ante a ausencia de vídeo replay non foi posible facer unha reclamación.
Agora a selección concentrarase con Guatemala e Portugal, acudirá ao Open de España e poderían acudir ao Open de Alemaña se se considerase oportuno, na preparación do Campionato de España.