É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másSete cabezas pensarán en qué poden aforrar as universidades galegas
A Xunta de Galicia vén de constituír un grupo de traballo composto por sete persoas para propor medidas de aforro ao sistema universitario galego, dentro das pautas marcadas no Plan de Financiamento Universitario 2011-2015. Nas vindeiras semanas os integrantes deste grupo depurarán algunas propostas presentadas e a comezos de abril aprobarán as 10 medidas de racionalización do gasto e de mellora na eficiencia na xestión, un informe que será incorporado á comisión de seguimento do plan.
O grupo de traballo está composto por tres vicerreitores das universidades galegas (José Manuel García Vázquez, Sara Cantorna e Ángel Fernández Castro); polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a subdirectora de Universidades, Beatriz Soutelo; o director xeral de Orzamentos, Miguel Corgos, e o subdirector xeral de recursos e análise orzamentaria, Joaquín Caballero.