Achéganse as Eleccións Municipáis e xa se sabe cal será o tema principal da campaña: o emprego. Aínda que o presidente da Xunta dixo que o seu goberno ten poucas competencias na materia, agás algunhas en políticas activas de emprego, e as dos concellos son máis limitadas, o Pleno de hoxe, cos 14 votos do PSdG e o BNG e os 13 en contra do PP , aprobou unha moción solicitando do executivo autonómico que as exerza as súas c ompetencias e cre en Vigo 5.500 postos de traballo.
O acordo adoptado demanda de Núñez Feijóo que exerza “as competencias de emprego ten transferidas” e que “atenda aos desempregados de Vigo“. Insta ademais á Xunta a “cumprir as promesas de crear 43.500 empregos en dúas semanas, deles 5.500 en Vigo” e a “utilizar os instrumentos que ten o goberno galega con eficacia para frear a crise e loitar contra o paro”.
O texto da moción indica que “o Presidente da Xunta dixo que non tiña competencia no emprego, a pesar de recibir do Estado 350 millóns de euros, ainda con esto o Goberno da Xunta reduce, a pesar da crise, o seu orzamento nun 50%”.
“O Goberno do PP e o señor Feijoó en Galicia destruiron 25.149 postos de traballo con 245.831 parados en Galicia, estando por riba da media de España. En Vigo destruiron 30.177, é dicir, 3 puntos por debaixo de Galicia gracias a política económica e de emprego do Alcalde Abel Caballero“, argumenta tamén a moción socialista, aprobada polo Bloque Nacionalista Galego, pese a que un dos seus concelleiros asegurou o xoves pasado no programa ’60 segundos’ de Televigo, que non podía garantir que o goberno local crease os mencionados postos de traballo. Eso sí, en ningunha parte da moción sinálase de qué xeito vanse a xerar os mencionados postos de traballo, nen se sinala investimento, actuación, plan ou proxecto algún para elo.