Unha superficie total de 4.100 metros cadrados situado na Devesa, no entroque da Rúa Mártires de Sobredo, dos que 3.000 serán cedidos de balde polo concello de Salceda de Caselas ao Sergas para a construción dun novo centro de saúde. Un proceso que comezou en xullo do ano 2007 para conseguir os terreos coa cualificación urbanística sanitaria precisa tras o PERI-UE-2 como esixía o Sergas.
A crise económica que lles colleou por medio e provocou a falta de promotores inmobiliarios interesados en desenvolver o PERI obrigou ao Concello a recurrir á Ocupación Directa como única solución. O Concello asume os gastos derivados da urbanización e facer chegar as infraestructuras necesarias ao Centro de Saúde. O proxecto de construción conta cun orzamento de case 2,3 millóns de euros para un centro que contará con 6 consultas médicas e salas de enfermería, dúas de pediatría, biblioteca, almacéns, matrona, vestiarios, sala da educación, de maquinaria e zona de oficinas.