Un mes de puro teatro no Ensalle grazas a catro compañías de longa traxectoria. O Festival Isto Ferve reunirá entre o 4 e o 27 de marzo a Provisional Danza, Magrinyana, Cambaleo Teatro e El Canto de la Cabra, teatro alternativo de compañías que seguen loitando por sacar adiantes as producións hoxe en día igual que o fixeron hai 25 anos. Prezos, de 7 a 9 euros, aínda que hai un bono para todo o festival por 24 euros.
A programación comezará o venres 4 de marzo coa obra ‘A fondo’, de Provisional Danza, que vén de representarse en Xapón e da que se poderá gozar tres días (22 h venres e sábado, 21 horas o domingo). Cederalle o turno do 11 ao 13 de marzo a Magrinyana e ‘Dende a sombra/Bufóns e pallasos’, seguida de Cambalea Teatro e ‘El mapa no es el territorio’, que se levará a escea do 18 ao 20 de marzo. A última quenda será a de El canto de la cabra do 25 ao 27 de marzo, que representará ‘Tierra pisada, por donde se anda, camino’.