Vigo al minuto

O mes que ven, a Policía Local ‘apatrullará’ a cidade con vehículos novos

A Xunta de Goberno Local deu hoxe luz verde á adxudicación provisional da contratación vía renting de 14 coches patrulla, dous furgóns e dous todo terreo, que suman un investimento municipal de 984.000 € a razón de 246.000 € por ano de servizo. Trátase da primeira ocasión na que un goberno de Vigo opta polo renting para adquirir vehiculos policiais, un sistema defendido polo alcalde como o “desexable” pois ofrece facilidades operativas e evita dificultades relativas ás reparacións dos coches.

“Cumprimos todos os nosos obxectivos en torno á Policía Local”, aseverou o alcalde, quen apuntou a excepción de reubicar a sede do corpo municipal, pois a Xunta non aceptou ceder o edificio coñecido como A Gota de Leite de xeito provisional para a Policía Local, pese a levar anos pechado. O alcalde indicou que “estamos moi orgullosos de ter renovado o material, uniformes, motocicletas e coches policiais, además de crear unha galería de tiro e subir a categoría profesional dos axentes.

 

También te puede interesar