Vigo al minuto

Vigo terá un anel de circulación con pontos de recarga para vehículos eléctricos

O alcalde anunciou hoxe que Vigo deseñou un anel de tráfico, a modo de circunvalación, que será acondicionado para o tránsito de coches eléctricos. A proposta municipal, explicada por Caballero, incluirá a instalación de puntos de recarga, a exención de tarifas de aparcamento en zona azul e prioridade na circulación neste percorrido, entre outras medidas. O mesmo abranguirá a Avenida de Beiramar, Cánovas del Castillo, Areal, Isaac Peral, Numancia, Travesía de Vigo, Genaro de la Fuente, Martínez Garrido, Avenida de Madrid, Praza de España, Praza de América e a rúa Coruña.

“Este percorrido atende ao Porto de Vigo, á zona industrial, á estación de autobuses e á entrada á cidade” e precederá ao deseño dos puntos de recarga, e ao detalle as facilidades de aparcamento, os carrís prioritarios, a exención de pago na zona azul e o modo de circulación do coche eléctrico polos carrís buses.

Caballero salientou que Vigo encabeza esta proposta, na que participan a cidade turca de Eskisehir, a británica Bournemouth e a sueca de Helsingborg, co obxectivo de atraer 4,5 millóns para a cidade e reforzar a iniciativa viguesa de converterse en cidade piloto do automóbil eléctrico.

A data límite de presentación de candidaturas é o próximo 4 de abril, cando oficializará Vigo a súa que conta coa participación da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën e da Universidade de Vigo na elaboración dun programa de I+D relacionado co coche eléctrico.

 

También te puede interesar