Unha filloeira de gran perímetro capaz de facer decenas de filloas dunha soa tacada. Ela foi a protagonista da Festa da Filloa de Lestedo, que chegou hoxe a súa vixésimo oitava edición cunha gran afluencia de visitantes. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, foi a encargada de ler o pregón que deu o pistoletazo de saída a unha festa cargada cun gran programa de actos, como a presentación dun libro sobre a figura do pintor do século XVIII Gregorio Ferro ou os peliqueiros de Laza sobre o escenario.
En total, 900 kilos de fariña, 450 ducias de ovos, 80 kilos de touciño e centos de chourizos para facer miles de filloas, todo un arsenal gastronómico para deleitar aos visitantes.