O grave problema da cuberta do ximnasio leva anos dando quebradeiros de cabeza aos pais dos nenos que van ao CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas, pero esta semana ocorreu a gota que colmou o vaso. E nunca mellor dito. Cando os nenos de 1º de Primara ían dar a clase de Educación Física se atoparon numerosas pingueiras que anegaban o parqué das instalacións e, como chovía e non había patio cuberto, quedaron sen clase.
Neste ximnasio practican deporte medio centenar de escolares á vez, divididos en dúas unidades, por non dispor de máis espazo para esta materia e tendo ademais o dobre de alumnado para o que fora construido. A cuberta non da cobixo a todo o recinto e o dobre teito corre o risco de derrube polas bolsas de auga, pero ademais o chan de madeira tras 40 anos de uso está tan deteriorado que a auga acentuou o risco de apertura.