Vigo al minuto

‘Vigo’ deixa o niño

'Vigo' co seus grande amigo, o alcaldeFoise co vento. Non é Red Buttler, senon o voitre ‘Vigo’ que naceu en cautividade no VigoZoo, dentro do programa municipal de recuperación de especies, onde criouse ata este mércores, cando partiu cara a Mallorca para formar parte da campaña para a recuperación deste animal levado adiante pola Fundación para a Conservación do Voitre. Logo dunhas vacacións polas Illas Baleares, “Vigo” atopará o seu fogar definitivo en Bulgaria, onde convivirá con outros exemplares para preparalos para a liberdade. É a primeira vez que VigoZoo participa con éxito nun proxecto deste tipo con aves rapaces.

Nembargantes, non todo son parabens, o pasado día 2 a Asociación  Amigos da Terra denunciou que o a ave nunca voaría en liberdade xa que o equipo técnico do zoo domesticouno, “converténdoo nunha mascota e facéndoo irrecuperable para a súa liberación na natureza”. Segundo aseguraron os especialistas da desta asociación, “a súa situación é irrecuperable, xa que non identifica ao ser humano como un potencial perigo, máis ben ao contrario”, algo que achacaron a súa “educación en permanente contacto cos humanos, o que o condiciona para ver nas persoas unha fonte doada e segura de subministración de alimento”.

Con todo, segundo informa a Concellería de Medio Ambiente, o proceso de cría no zoolóxico vigués segue adiante, xa que este ano está a piques de producirse un novo nacemento. Nesta ocasión vaise a intentar que sexan os propios pais quen alimenten á cría desde o primeiro momento. Nun primeiro momento retiróuselle o ovo para provocar a posta de reposición, que adoitan realizar estes animais cando perden o primeiro ovo. “Deste xeito estamos conseguindo duplicar as posibilidades de reprodución”.
Para iso substituíuse o ovo real por un falso, o que vai permitir realizar unha incubación artificial, controlada e moi efectiva, minimizando os riscos de rotura ou accidente que supón un proceso similar a cargo unicamente dos pais. Ao mesmo tempo, os pais seguen co seu proceso natural, crendo que están incubando un ovo real. Cando o primeiro ovo eclosione, será colocado no niño, retirando o ovo falso, para que os pais inicien o proceso de cría o cal evitaría a participación do home no proceso.


 

También te puede interesar