Cultura Vigo al minuto

Xosé Neira Vilas xa ten biblioteca en Vigo

Hoxe quedou aberta a biblioteca pública ‘Xosé Neira Vilas’ coa presenza do proprio escritor. A mesma, situada na Avenida de Martínez Garrido, intégrase na rede de bibliotecas da cidade e estará aberta en inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño): mañás de martes a sábado de 11:00 a 14:00h e tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h; en verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro): mañás de martes a sábado de 11:00 a 14:00h; tardes: de luns a venres de 18:00 a 20:30h.

A obra de rehabilitación dos locais realizouse en 2009, de acordo co proxecto redactado polo arquitecto José Carlos Rodríguez Otero; a partir do plan funcional, primeiro dos pasos da planificación do proceso, elaborado previamente por persoal especializado en bibliotecas públicas.

A biblioteca «Xosé Neira Vilas» é a primeira das bibliotecas de proximidade que prestará un servizo de lectura pública nun área determinada e que chegará a coordinar a súa acción con outras bibliotecas municipais que configurarán a rede (grupos coordinados de bibliotecas que comparten programas bibliotecario común, recursos e servizos, para lograr un mellor servizo aos cidadáns), ademais da súa inclusión actual na Rede de Bibliotecas de Galicia.

A parte de prestar os servizos tradicionais dunha biblioteca porá énfase no desenvolvemento de servizos e recursos adaptados ás necesidades culturais e informativas específicas do seu contorno establecendo vínculos de cooperación coas organizacións cidadáns da súa área de influencia.


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.