Galicia

A mellor forma de aprender idiomas, viaxando

Reino Unido, Irlanda, Australia, Canadá, Estados Unidos, Malta, Nova Zelanda, Sudáfrica, Alemaña, Austria, Francia, Suíza, Italia, Portugal, Rusia, China ou Marrocos. Ti elixes. Eses son os destinos dos cursos de idiomas que a Xunta pon en marcha para que os mozos galegos estuden no estranxeiro participando nunha ampla selección de cursos para máis de 100 escolas de prestixio en 17 países diferentes.

O programa, ideado para aprender ou perfeccionar unha nova lingua, durará entre 1 e 4 semanas para rapaces de entre 14 e 18 anos, aínda que hai algún dos cursos para os que se precisa ter máis de 21 anos. De carácter xeral, intensivo ou especial, os estudantes aloxaranse en residencias, en pisos compartidos ou con familias. Precisamente segundo a duranción, as características e o lugar de estadía variará o prezo do curso.

Se queres participar podes facer click aquí e ver ao detalle todas as características do programa.

También te puede interesar