ficiAínda faltan uns días para que o BNG das Neves presente de xeito oficial a súa candidatura de cara ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio, pero para ir abrindo boca aí van os nomes dos primeiros da lista: o candidato Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o empregado de Correos Óscar González Álvarez, a avogada Rosana Rodríguez Avalle, a mestra Sebela Lahuera Mouriño e o técnico electrónico Fernando Fernández Fernández.
A presentación oficial terá lugar o 9 de abril (20:30 horas) no Centro Social, onde participará a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila e onde tras a presentación se gozará dun momento distendido tomando un viño. “O grupo de persoas que me acompañan, son compañeiros e compañeiras con moita capacidade, con valía, con ganas de traballar que xa levan un tempo participando na vida política das Neves”, destacou o candidato.
Tamen resaltou a súa implicación nas diversas reunións celebradas con empresarios e comerciantes, viticultores, mocidade, asociacións, nas que xa teñen participado activamente, e as visitas que cada fin de semana realizan achegandose as distintas parroquias do concello.