Un cemiterio gótico abandonado, Nosferatu dando a benvida e un público que o que quere é divertirse pasando medo. Eses serán os eixos básicos do Circo dos Horrores, un circo no que o que reina é a orixinalidade que estará instalado en Samil do 14 ao 24 de abril con dúas sesións diarias (19 e 22 horas de luns a sábado e 17 e 20 horas os domingos).
Dirixido a público xuvenil, para xente de entre 16 e 40 anos, este novo concepto de circo trasladará ao público durante o espectáculo a diferentes películas, como ‘O baile dos vampiros’ ou ‘A nena do exorcista’, entre outras. Durante o show poderase disfrutar dunha fusión entre teatro, circo e cabaré para este espectáculo noctámbulo cunha posta en escena e con personaxes impactantes. Con técnicas de circo para contar historias, o espectáculo non é violento senón divertido facendo pasar medo.